O Centro de atención a persoas maiores de Vilar de Santos consta de dous recursos, o centro de día con 14 prazas e a vivenda comunitaria con 6 prazas. Ambos recursos comparten a mesma infraestructura, un edificio dunha soa pranta cheo de cristaleiras que lle dan moita luminosidade.

Os usuarios dos dous recursos conviven xuntos no día a día nun centro pequeno, acolledor e familiar, encravado nun entorno rural e tranquilo.

A equipa que traballa do centro conta con 11 profesionais adicadas a apoiar, estimular e coidar aos nosos maiores e as súas familias.

Nestes momentos da pandemia contamos cunha equipa moi unida, volcada e implicada que se refoza e apoia mutuamente durante o cofinamento para coidar se cabe todavía máis con maior entusiasmo e con maior calidade aos nosos maiores.